CRTVG

Buscar

A UE investiga os trombos relacionados coa vacina de AstraZeneca

Publicado o 12/03/2021 21:09

En Europa cada vez máis países suspenden as vacinacións co tratamento de AstraZeneca polos poucos casos de trombos en persoas xa picadas. As autoridades sanitarias descartan que a vacina provoque problemas sanguíneos, pero a Axencia Europea do Medicamento mantén aberta unha investigación. A EMA insiste que os beneficios do tratamento superan os riscos. E que non hai indicios de que provoque os trombos.

Pero na Axencia Europea do Medicamento xa están a investigar todos os casos, non só os de Dinamarca ou Austria. E tamén outras patoloxías circulatorias logo da vacinación coa de AstraZeneca,Bulgaria súmase aos seis países liderados por Dinamarca e Austria que frearon as inmunizacións con esa vacina. E Italia e Romanía bloquean un lote. Finalmente, AstraZeneca entregará só 30 millóns de doses á UE neste primeiro trimestre. É un terzo do pactado no contrato. E estará por debaixo dos 40 millóns aos que se comprometera con Bruxelas logo das tensións vividas en xaneiro polos seus incumprimentos.

 

Noticias web

12/03/2021