CRTVG

Buscar

A UE estuda cobrar nas autovías segundo a distancia percorrida e niveis de contaminación

Publicado o 12/10/2021 16:35

En Europa recean do método de cobro en autovías que quere implantar o Goberno español, a chamada viñeta. É a tarxeta que serve como comprobante de que se pagou a peaxe.

A euroviñeta, a peaxe que pagan os camións por empregar as grandes autoestradas do continente, ten os seus días contados. O modelo actual baséase no tempo que pasan dentro desa infraestrutura viaria. O novo modelo basearase na distancia percorrida e tamén nos seus niveis de contaminación. 

A transición ecolóxica que impulsa Bruxelas chega ao transporte de mercadorías pola estrada e, ademais, o modelo no que traballa o Goberno español, cunha cota a anual para cada vehículo e así financiar a rede viaria, non estaría actualizada coas futuras normas comunitarias porque a seguinte euroviñeta ampliarase tamén aos buses, camionetas e aos vehículos privados de pasaxeiros. Todos eles pagarán por empregar as autoestradas segundo os seus niveis de contaminación.

Noticias web

12/10/2021