CRTVG

Buscar

A UE decide unha prórroga do 'brexit' ata o 22 de maio se o Parlamento aproba o acordo

Publicado o 21/03/2019 21:41

O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, anunciou hoxe que os líderes dos vinte e seteacordaron de maneira unánime a súa resposta á petición británica de estender o período de negociacións do brexit e sinalou que se reunirá inmediatamente coa primeira ministra británica, Theresa May.

Tras case seis horas de negociacións, o compromiso ofrece unha ampliación ata o 22 maio se o Reino Unido consegue aprobar o acordo de saída a próxima semana e, en caso de que o Parlamento británico non dea o seu apoio ao texto, un límite ata o 12 de abril para que o Goberno británico decida se convoca eleccións ou opta por saír da UE sen un acordo.

A prórroga acordada hoxe polos vinte e sete contempla, polo tanto, dous escenarios. Se a Cámara dos Comúns aproba o acordo de retirada pactado entre Londres e Bruxelas a próxima semana, a UE daríalle ao Reino Unido unha prórroga técnica ata o 22 de maio en que poida culminar o proceso lexislativo sobre a retirada. Se o acordo de saída non recibe o visto e prace do Parlamento británico, o Reino Unido tería ata o 12 de abril debe decidir se organiza eleccións á Eurocámara ou non. Se finalmente opta por convocalas, deberá indicar ante a UE cales son os seus plans con respecto ao brexit, que implicarían unha extensión longa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019