CRTVG

Buscar

A UE e o Mercosur alcanzan un acordo de libre comercio tras 20 anos de negociacións

Publicado o 28/06/2019 19:26
A UE e o Mercosur alcanzan un acordo de libre comercio tras 20 anos de negociacións

A Unión Europea (UE) e o Mercosur lograron hoxe pactar un acordo de libre comercio tras vinte anos de negociación, segundo informou a secretaria de Comercio Exterior arxentina, Marisa Bircher. "Hoxe logramos un acordo histórico entre Mercosur e a UE! Un fito que culmina cun proceso negociador de 20 anos e complementa as accións que vimos traballando para lograr un maior e mellor acceso ao mundo", escribiu no seu perfil de Twitter a política.

O ministro español de Exteriores en funcións, Josep Borrell, afirma que o acordo supón a creación dun mercado de case 800 millóns de consumidores e de case unha cuarta parte do PIB mundial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019