CRTVG

Buscar

A UE distribuirá a vacina contra o virus en novembro

Publicado o 04/09/2020 15:46

Os países da Unión Europea terán acceso, previsiblemente en novembro, á primeira vacina contra a Covid-19.

A Unión Europea asegura que poderá distribuír a vacina de AstraZeneca no mes de novembro. Bruxelas ten un contrato coa empresa británica, que traballa na obtención da vacina  xunto coa Universidade de Oxford. Un contrato que lle garante 300 millóns de doses, para o que segundo fontes comunitarias, xa se adiantaron fondos.

Será a propia UE a que distribúa a vacina entre os socios comunitarios, en cantidades proporcionais á súa poboación. O obxectivo, que toda a cidadanía teña acceso a ela ao mesmo tempo, e ao mesmo prezo. Con todo, a Comisión Europea negocia con outros 5 laboratorios para pechar contratos similares, e dispoñer dunha maior variedade de vacinas, minimizando así o risco de adquirir tratamentos que non sexan suficientemente eficaces.

 

Noticias web

04/09/2020