CRTVG

Buscar

A UE condecora catro soldados da Brilat por repeler un ataque terrorista en Malí

Publicado o 07/06/2019 19:56

A Brilat conmemorou cun desfile na súa base de Figueirido en Pontevedra o 53 aniversario da súa creación. Nesta data rememoran ademais o precedente deste destacamento militar de Galicia: o primeiro transporte aéreo que se realizou o 7 de xuño de 1969 no aeródromo de Rozas, en Lugo.

A Brilat participou recentemente en dúas misións de pacificación, no Líbano e en Malí.

Foi neste país africano onde o 23 de febreiro tiveron que repeler un ataque terrorista no cuartel onde se encontraban 150 soldados da brigada. Por estes feito, segundo se lles comunicou durante os actos, a Unión Europea condecorou catro dos seus integrantes co máximo recoñecemento para misións de paz.

De momento a Brilat non ten no horizonte novas intervencións no estranxeiro. Este ano, de mediados de xullo a mediados de setembro, un centenar de efectivos da Brilat colaborará na campaña Centinela Gallego de loita contra os incendios forestais.

Noticias web

07/06/2019