CRTVG

Buscar

A UE axudará a España a detectar e evitar "falsas novas" sobre o conflito de Cataluña

Publicado o 14/11/2017 14:44

As institucións europeas intensifican a colaboración co Goberno de España na loita contra as informacións falsas que tratan de influír e manipular a opinión pública no conflito en Cataluña. Esas desinformacións, di o Goberno, chegan maioritariamente por Internet desde territorio ruso. 

En Bruxelas recoñecen certa impotencia para contrarrestar e desmentir as constantes informacións manipuladas ou falsas que se publican nas redes sociais e se difunden masivamente de xeito automatizado. Sobre todo saen de Rusia esas mensaxes interesadas. O Goberno advirte de que o conflito en Cataluña está a ser obxecto desas desinformacións interesadas e pide a axuda da Unión Europea para evitar que esas manipulacións, a través de Internet, aumenten e inflúan nas eleccións que hai convocadas en Cataluña o 21 de decembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017