CRTVG

Buscar

A UE aprobará este martes o seu mapa de cores coa situación epidemilóxica do continente

Publicado o 12/10/2020 21:05

A Unión Europea aprobará mañá o seu mapa de cores coa situación epidemiolóxica do continente. As restricións para viaxar a cada rexión dependerán do risco de contaxio, e serán clasificadas como zonas verdes, laranxas ou vermellas. 

No caso de España, beneficiará as comunidades autónomas que mellor estean xestionando a crise sanitaria. Terase en conta non só o número de contaxios, senón tamén os test realizados, a mortalidade producida polo virus ou a dispoñibilidade de recursos asistenciais.

Noticias web

12/10/2020