A UE apoia o proxecto de producción de combustible verde de Forestal do Atlántico
Publicado o 28/07/2021 15:24

A Unión Europea apoia o proxecto da empresa galega Forestal do Atlántico para producir combustible cero emisións.
A través do Fondo de Innovación, a Unión Europea seleccionou o da compañía, con sede en Mugardos, como un dos 70 proxectos máis innovadores para a descarbonización de cara ao 2050.
Con esta iniciativa, Forestal do Atlántico producirá combustible verde de cero emisións a partir de CO2 e hidróxeno verde procedente de fontes renovables.