A UE anuncia a ruptura con AstraZeneca e non renovará o contrato despois de xuño
Publicado o 09/05/2021 14:28
A Unión Europea rompe con AstraZeneca e anuncia que non renova o contrato coa farmacéutica máis alá de xuño.
Unha decisión que chega despois de que no mes de abril, a Comisión emprendera accións legais contra a empresa por non respectar o contrato á hora de prover de doses e tamén por non dispoñer dun plan fiable para realizar as entregas a tempo.
AstraZeneca comprometérase nese contrato, o que agora non se renova, a facer os seus mellores esforzos para entregar 180 millóns de doses no segundo trimestre do ano, e 300 millóns entre decembro e xuño. Pero a compañía xa recoñecera que só podería entregar un terzo desa cifra.