CRTVG

Buscar

A UE agarda acordar con Londres en marzo as cotas compartidas, que Galicia pide conservar ou elevar

Publicado o 22/02/2021 17:04

Foi unha reunión telemática dende o Ministerio. Galicia defendeu separar do sistema de cotas as especies de augas profundas que están en bos niveis, como o ollomol ou a castañeta encarnada. E incrementar as posibilidades de pesca do peixe sapo, galo e pescada.

Tamén defendeu que se manteña o acordo con Mauritania, mellorando as condicións, algo fundamental para a frota de Marín e do Morrazo.

O Ministerio pediu á Unión Europea os máximos esforzos para avanzar na próxima rolda de negociación con Mauritania, prevista para finais desta semana.

Noticias web

22/02/2021