CRTVG

Buscar

A UE advirte a España de que a Lei Celaá non conta con suficiente consenso social e político

Publicado o 16/11/2020 15:50

Europa lanza un aviso novo a España que afecta, e moito, ao futuro e ás xeracións máis novas. A Bruxelas non lle gusta a reforma educativa que que trae a Lei Celaá.

A Comisión Europea advirte de que a nova lei de educación non conta con suficiente consenso social e político e din que iso é fundamental para que se aplique con éxito.

Engaden que medidas como limitar as repeticións de curso deben ter coherencia con obxectivos xerais, é dicir, con mellorar os resultados educativos dos alumnos.

A nivel xeral din que en España aínda non melloraron as competencias básicas dos estudantes e que seguen existindo diferenzas segundo as rexións.

Noticias web

16/11/2020