CRTVG

Buscar

A UDEF cuestiona a documentación de Podemos sobre os empregados de Neurona

Publicado o 22/06/2021 20:56
A UDEF cuestiona a documentación de Podemos sobre os empregados de Neurona

A policía cuestiona a documentación que aportou Podemos sobre o caso Neurona. A UDEF envioulle un informe ao xulgado en que advirte, di literalmente, das "múltiples discrepancias" de Podemos para xustificar os traballos da consultora mexicana na campaña electoral de 2019. Avisa de que hai pasaportes repetidos do persoal que viaxou a España e que non cumpriron co requisito obrigatorio de ter un visado de traballo. Tamén constata que hai fotografías que corresponden a outros momentos e contradicións entre a documentación aportada por Podemos e as declaracións dos propietarios dos inmobles en que presuntamente se aloxaron.

Noticias web

22/06/2021