CRTVG

Buscar

A UDEF conclúe que Pablo Echenique transferiu 30.000 euros desde a 'caixa b' de Podemos

Publicado o 12/07/2021 19:09
A UDEF conclúe que Pablo Echenique transferiu 30.000 euros desde a 'caixa b' de Podemos

A Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional enviou ao xuíz que leva o caso Neurona, dentro da investigación sobre a Caixa de Solidariedade de Podemos, un informe en que conclúe que Pablo Echenique ordenou tres transferencias por un importe total de 30.000 euros da conta bancaria da formación morada á da Asociación 404 Comunicación Popular.

O partido solicita o arquivo porque na análise dos investigadores "non se aprecia irregularidade algunha". Os axentes precisaron que como apoderados da conta bancaria do partido figuraban o tesoureiro do partido, Daniel de Frutos, e Echenique, que foi quen ordenou os pagos que investiga o maxistrado Juan José Escalonilla.

O informe da UDEF chega logo de que o xuíz reactivara a investigación o pasado marzo por orde da Audiencia Provincial de Madrid que ordenou seguir investigando "ata o esclarecemento da presunta administración desleal do numerario do fondo de solidariedade".

 

Noticias web

12/07/2021