CRTVG

Buscar

A UDEF cifra en 290 millóns a fortuna do Pujol atribuida a "prácticas corruptas"

Publicado o 16/08/2019 18:18

A Unidade de delincuencia económica e fiscal cuantifica en 290 millóns, a fortuna que a familia Pujol obtivo, supostamente, de xeito ilícito ao longo de 40 anos. Os investigadores situan o fillo maior do ex-presidente da Generalitat no centro da trama familar.

Segundo o informe da Unidade de Delincuencia Económica, a familia Pujol multiplicou a súa fortuna, uns 290 millons de euros, a través de "prácticas corruptas" e "propias do crime organizado". Unhas prácticas que, segundo a UDEF, comezaron a finais dos anos 70 co caso "Banca Catalana" e estendéronse ata 2014, cando Jordi Pujol recoñeceu a existencia de fondos sen declarar no estranxeiro, que atribuiu a unha herdanza de seu pai.

O informe da policía, de máis de 200 folios, di que foi en 1990 cando o fillo maior do ex-presidente da Generalitat, abriu a primeira conta en Suiza. A UDEF considera que Jordi Pujol Ferrusola tiña un papel central na trama organizada para obter plusvalias ilícitas aproveitando a súa posición privilexiada na vida política, económica e social catalá.

A investigación segue aberta despois de que esta semana Suiza recoñecera que Jordi Pujol Ferrusola tiña duas contas con 26 millóns de euros. O xuiz De la Mata, que investiga o caso, pediu información a Luxemburgo para averiguar se 8 deses millons se moveron desde Suiza a contas dese país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019