CRTVG

Buscar

A UDC desenvolve un proxecto de investigación de arquitectura deseñada para atender situacións de catástrofe

Publicado o 31/01/2020 21:08

De sufrir unha catástrofe natural ou unha guerra esta vivenda de 19 m2 que podería dar refuxio a 6 persoas. É unha construción de madeira que segue o modelo construtivo patentado polo arquitecto coruñés Alberto Corral baseado na idea de que calquera pode levantar unha casa.

Froito da colaboración coa Universidade da Coruña, alumnos da Escola Superior de Arquitectura estudarán durante dous anos a eficiencia deste prototipo e do seu sistema de regulación térmica .

Este módulo custa uns 15.000 euros, pero este prezo pode reducirse se a produción é a gran escala. A idea dos investigadores é presentar os resultados deste proxecto de innovación a institucións coma o Alto Comisionado de Nacións Unidas para os Refuxiados.

Noticias web

31/01/2020