CRTVG

Buscar

A UCO pide un contrato no concello de Rivas na operación contra Ángel María Villar

Publicado o 13/03/2018 20:43

 A Garda Civil presentouse hoxe no concello madrileño de Rivas-Vaciamadrid. Os axentes da UCO solicitaron documentación relativa a un contrato municipal para cambiarlle o céspede a un campo de fútbol.

Este contrato adxudicóuselle a unha empresa que está a ser investigada no marco do caso Soulé, sobre a presunta trama de corrupción arredor do ex-presidente da Real Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar. Izquierda Unida, que goberna en Rivas con Podemos, nega corrupción no municipio, onde non hai ninguén investigado. Mañá teñen previsto analizar o contrato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018