CRTVG

Buscar

A TVG ofrece unha programación especial con motivo da xornada electoral

Publicado o 28/04/2019 12:11

Ante as eleccións xerais cos resultados máis incertos, a Televisión Pública de Galicia ofrece unha programación especial con 25 puntos de directo durante todo o día.

Trátase dunha cobertura sen precendetes para darlles conta en tempo real da evolución da xornada dende a apertura dos colexios. Toda a información pero tamén moita análise, da man de oito convidados que debullarán as enquisas e os datos do escrutinio ata a medianoite. Tres xornalistas Marta Darriba, Ana Celia Vázquez e Carlos Amado conducen o relato do 28 de abril na Galega.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/04/2019