CRTVG

Buscar

Comeza a campaña 'Vive a Bici', para concienciar sobre este medio saudable

Publicado o 16/04/2018 15:25

A Televisión de Galicia implícase esta semana co mundo da bicicleta. O próximo día 19 celébrase o día mundial deste medio de transporte, e por iso desde esta casa púxose en marcha a campaña 'Vive a bici'.

Co cancelo #ViveaBici, poderán acceder a distintos contidos e aos sorteos de material que se farán en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo a través das redes sociais da CRTVG.

A acción xira arredor deses tres eixes: sensibilizar sobre o uso da bicicleta como medio de transporte saudable, como ferramenta de ocio, e mesmo como motor para novos negocios.

No arranque esta mañá fixémonos eco da campaña que está a gravar a Axencia Galega de Infraestruturas en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo, protagonizada por algúns dos mellores ciclistas galegos: Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Irene Trabazo ou actores como David Amor ou Eva Castro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018