CRTVG

Buscar

A TVG ofrecerá o domingo un completo especial electoral

Publicado o 06/11/2019 14:30

A Televisión de Galicia vailles ofrecer este domingo unha programación especial con motivo das eleccións xerais.

Comezará ás nove da mañá, coa apertura dos colexios electorais, e rematará contra a medianoite, cando conclúa o escrutinio. Ás sete e media da tarde arrancará un informativo monográfico sobre estes comicios, en que haberá conexións en directo dende as sedes dos partidos, tanto en Galicia como en Madrid. Tamén teremos unha mesa de análise e, a partir das oito, cando pechen os colexios, contaremos cunha enquisa que podería anticipar os resultados definitivos.

Noticias web

06/11/2019