CRTVG

Buscar

O EXM sitúa a TVG como canle líder en Galicia

Publicado o 10/04/2019 17:28

A Galega é a televisión máis vista no noso país. Cómpre salientar as audiencias dos luns e martes, por riba do 15%, e a do venres, co 17,6%.

Por faixas, a Televisión de Galicia lidera no conxunto do día, da mañá, na sobremesa e no horario de máxima audiencia. No horario de noite, o venres a cota de pantalla está preto do 20%
Os informativos desta casa son líderes absolutos nos seus horarios. De 13.30 a 14.00 a cota de pantalla é do 30,7%.

De dúas e media a tres, a cota de pantalla increméntanse ata chegar ao 39,4%.

Pola noite, de nove a nove e media, a cota media de pantalla sitúase no 19,1%.

Datos que serven para reafirmar o noso compromiso con todos vostedes, para que continúen sendo os mellor informados. Dámoslles as grazas por elixirnos.