CRTVG

Buscar

A TVG estrea 'Por fin é luns!', un ciclo de cinema galego que comeza con 'Os fillos do sol'

Publicado o 16/04/2018 15:29

Hoxe estamos de estrea na Televisión de Galicia. Comeza 'Por fin é luns!', un ciclo de cinema feito en Galicia. Esta noite comezamos con 'Os fillos do sol', que narra a creación da farmacéutica Zeltia.

'Os fillos do sol' cóntanos as orixes da empresa farmacéutica Zeltia, situada no Porriño, e é unha historia inspirada en feitos reais.

Ambientada nos primeiros anos da posguerra narra a historia épica de catro visionarios, científicos e empresarios, que conseguiron crear unha das empresas farmacolóxicas máis importantes do século XX.

Con esta película para televisión que hoxe lles ofrecemos estreamos un ciclo de cine que nos traerá grandes historias para comezar a semana. 'Por fin é luns!', na Televisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018