CRTVG

Buscar

Debate íntegro entre candidatos galegos ás eleccións xerais

Publicado o 16/04/2019 22:34

Televisión de Galicia emitiu esta mañá, no espazo Bos días, un debate en directo dunha hora de duración, coas forzas políticas con representación no Congreso, PP, PSOE e En Común-Unidas Podemos, amais das forzas políticas significativas, En Marea e BNG. 

Participaron neste debate electoral da TVG, Marta González, candidata número 2 do PP pola Coruña; Pablo Arangüena, número 2 pola Coruña do PSdeG-PSOE; Yolanda Díaz, candidata número 1 por Pontevedra de En Común-Unidas Podemos; Iván Olmos, número 1 por Ourense de En Marea, e Néstor Rego, candidato número 1 do BNG pola Coruña.

Así pecharon o debate:

Estas son algunhas das frases que pronunciaron ao longo dos 60 minutos do debate

  • Marta González, PP: "Estas eleccións son fundamentais e o PP saberá sacar adiante o país pola senda constitucional"
  • Pablo Arangüena, PSOE: "Nestas eleccións eliximos entre dous modelos: un país aberto ou outro contraposto que representa a dereita".
  • Yolanda Díaz, en Común-Unidas Podemos: "O principal problema do país é o paro. Nestas eleccións está en xogo a derogación da reforma laboral".
  • Iván Olmos, En Marea: "Prométolle á xente nova que me vou deixar a pel para que os mozos regresen a Galicia".
  • Néstor Rego, BNG: "O BNG vaille dar voz ao noso país: estremos no Congreso para defender que Galiza é unha nación."

 

  • Marta González, PPdeG: "Os orzamentos do PSOE traían 67 euros menos para cada galego e 93 euros máis para cada catalán."
  • Pablo Arangüena, PSdeG:" Os orzamentos non prexudicaban a Galicia: beneficiaban a pensionistas e persoas con salarios baixos".
  • Nestor Rego, BNG: "Nós votariamos en contra dos orzamentos. Son os peores en 17 anos e non se poden maquillar as cifras".
  • Iván Olmos, En Marea: "Apoiamos as medidas sociais dos presupostos pero os investimentos para Galicia eran  insuficientes".
  • Yolanda Díaz, En Común-Podemos: "As propostas do PP son baixar o salario mínimo e recortar as pensións...a precariedade é o principal problema".

 

  • Marta González, PPdeG: "Galicia é un exemplo de comunidade ben xestionada, cun bo goberno, e ese é o noso modelo para o resto de España".
  • Pablo Arangüena: PSdeG: "Os dez anos dos gobernosde Feijóo deixan unha Galicia que vai a menos en case todo".
  • Yolanda Díaz, En Común Podemos: "Hai xente de boa fe que pode votar PSOE e acabar colocando de vicepresidente a Albert Rivera".
  • Iván Olmos, en Marea: "Imos garantir un goberno progresista e non imos permitir que se esqueza de nós".
  • Nestor Rego, BNG: "Queremos cambiar o marco, o modelo autonómico non lle dá solución aos nosos problemas".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí