CRTVG

Buscar

A TVG é a televisión autonómica que máis deporte feminino emite

Publicado o 20/08/2019 22:11

A Televisión de Galicia é a canle autonómica que máis deporte feminino emite, segundo datos dun informe elaborado por Barlovento Comunicación en que se analizan as retransmisións deportivas desde o ano 1992 ata a actualidade.

Os resultados revelan que a Televisión de Galicia, a través da tvG2, é a segunda canle de televisión xeralista que máis deporte feminino emite, e a primeira de todas as autonómicas de España.

Nos últimos anos o deporte feminino está medrando a pasos axigantados e a Televisión de Galicia colleu ese tren e segue apostando polo deporte feminino. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019