A TVG celebra o 25 de xullo cunha gala dedicada á música galega
Publicado o 25/07/2019 15:09
E esta noite, aquí na TVG, celebramos o 25 de xullo cunha programación especial. A partir das dez poderán ver unha gala que contará cos nomes máis representativos da música galega. Unha cita que este ano xirará ao redor do traxe galego.
Xosé Ramón Gayoso e Lucía Rodríguez estarán acompañados este ano por Fran Cañotas e Alba Mancebo, que debutan como presentadores dunha gala dedicada á música galega.
Xunto a eles, artistas como Cristina pato, Amancio Prada e Killer Barbies, entre moitos outros. A gala estará dedicada ao traxe galego. Quedamos convidados a descubrilas a partir das dez desta noite.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 15:01