CRTVG

Buscar

A Televisión de Galicia abre o concurso para atopar a canción deste verán

Publicado o 20/05/2019 15:39

Esta foi a canción do verán gañadora no ano 2017. E esta a do ano pasado.

Cal será a deste ano? Na Televisión de Galicia estamos na procura da banda sonora para este verán entre as propostas que nos envíen dende toda Galicia. Cancións inéditas tanto na parte musical coma na letra e, por suposto, en lingua galega.

A proposta gañadora levará un premio dotado con mil euros e a difusión da canción en todas as canles da CRTVG.

O prazo de presentación ábrese hoxe ata o venres 21 de xuño, íncluído, e as propostas terán que ser enviadas ao enderezo electrónico: Anímate a participar!

Tes todas as bases na web.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019