CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

"A tropa de trapo" estréase mañá nas salas comerciais

Publicado o 29/04/2014 15:21



Os protagonistas da nova entrega de "A Tropa de Trapo" corren desta volta toda unha aventura na selva do Arco da Vella na axuda dos animais en perigo de extinción. Esta película de animación de producción galega vai dirixida a nenos de entre 2 e seis anos que hoxe tiñan a oportunidade de adiantarse á estrea.

Os nenos tamén participaron na banda sonora do filme. Foron os escolares do colexio Fingoi de Lugo, dirixidos por Pilocha, os encargados de poñer a nota musical. "A Tropa de Trapo" ten o selo da produtora Abano e conta con guión da escritora ferrolá, Lola Beccaría. Mañá estrease nas salas comerciais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí