Confinan no Senegal a tripulación dun pesqueiro galego por un gromo de coronavirus
Publicado o 20/05/2021 13:41

Un pesqueiro galego, o Cova Balea, permanece fondeado en Dakar, no Senegal, por un foco de coronavirus detectado entre a tripulación. 3 dos 13 mariñeiros, naturais do Morrazo, deron positivo nun test rápido, malia non teren apenas síntomas, segundo confirmaron desde a armadora Pesquera Aldán.
Os 3 contaxiados permanecen confinados no barco, á espera de realizaren novas probas que ratifiquen ou non o diagnóstico.