CRTVG

Buscar

Bos días

A triloxía "Dragal" convértese en multimedia

Publicado o 21/03/2013 10:28


Hai boas novas para os seguidores da triloxía literaria "Dragal". O dragón salta dos libros ao mundo multimedia. Moi pronto poderemos seguir as súas aventuras na gran pantalla, nos videoxogos e na banda deseñada.

Hadrián é un adolescente que se acaba de mudar a Galicia logo dunha traxedia familiar. A través dun estraño medallón descobre a existencia de Dragal, un animal mitolóxico.

Desa historia xa gozaron moitos lectores, e máis que o van facer de agora en adiante. Veremos a Dragal no cine e na televisión, xogaremos con el nas videoconsolas e poderemos seguir as súas aventuras en libros de banda deseñada. O proxecto convértese en multimedia.

A produtora galega Ficción conta para este proxecto cunha tecnoloxía de vangarda e un equipo capaz de integrar efectos visuais e captura de movemento en 3 dimensións. A intención é que a maxia transcenda a pantalla.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

21/03/2013