CRTVG

Buscar

Tres días antes do San Xoán, a sardiña mantén o seu prezo entre 5 e 8 euros o quilo

Publicado o 20/06/2019 13:52

As sardiñas ocupan estes días previos ao San Xoán boa parte dos mostradores das peixerías. Hai cantidade e iso déixase sentir nos prezos. Na praza de abastos de Santiago movíanse entre os 6 e os 8 euros o quilo.

Noutros mercados, coma nos da Coruña, hoxe podían mercarse a cinco euros o quilo fronte aos 8 de días pasados.

Agárdase que mañá, e sobre todo o sábado, os prezos poidan subir lixeiramente, sen chegar a acadar os 18 euros o quilo do ano pasado, xa que -aseguran os vendedores- hai sardiña en cantidade.

Malia todo, son moitos os que xa teñen as súas reservas feitas para non quedar sen elas

Ninguén quere deixar de gozar desta tradición gastronómica que marca o inico do verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019