CRTVG

Buscar

A treboada provoca o asolagamento de varios baixos en Chantada

Publicado o 14/07/2019 14:41

Unha forte tromba de auga enchía as zonas máis baixas de Chantada. A treboada de onte converteu as rúas do centro en auténticos ríos. Nalgúns puntos mesmo chegou ata os xeonllos. Os vehículos tíñano difícil para circular e tamén os poucos peóns que había na rúa porque a auga levaba forza e impedía andar con normalidade.

Hoxe a vila presentaba unha imaxe de total normalidade. Na xornada de onte houbo oito incidencias, baixos asolagados e sumidoiros que botaban máis auga da que recollían.

A treboada tamén deixou varias vías cortadas pola caída de árbores e riadas que dificultaban a circulación en Pedrafita do Cebreiro, Baralla ou Monforte. Afortudamente só se produciron danos materiais.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019