CRTVG

Buscar

A tormenta golpeou Ourense con pedrazo e deixou asolagamentos e un incendio

Publicado o 01/09/2021 08:46

Pedras coma abelás caeron onte pola tarde na cidade de Ourense. Durante preto de media hora sarabiou con intensidade. Logo chegou a choiva, 26 litros por metro cadrado, que anegou en Ourense rúas e estradas, como a Nacional 525, onde os bombeiros tiveron que actuar para desaugar. Tamén algunha vivenda sufriu inundacións.

As tormentas deixaron fortes refachos de vento en Ourense e máis 1.500 de raios no interior de Galicia. Sospéitase que un deles foi o que provocou un incendio nun inmoble de Carballeda de Valdeorras, unha antiga casa reitoral que levaba anos deshabitada. Os veciños aseguran que viron como o raio provocou as lapas. Os bombeiros evitaron que o lume se espallase á vivenda.

Hoxe agárdanse máis trombas, toda a provincia de Ourense, o interior de Pontevedra e a montaña e o sur de Lugo están en aviso amarelo pola tarde por treboadas localmente fortes.

 

Noticias web

01/09/2021