CRTVG

Buscar

Os veciños de Xunqueira de Espadanedo valoran os danos despois da treboada

Publicado o 09/07/2018 09:21

Os veciños de Xunqueira de Espadanedo tentan recuperarse do pesadelo en que están dende o sábado á noite. Unha tromba de auga cambiou por completo o perfil da aldea.

E en Ourense, unha treboada azoutou con forza o municipio de Xunqueira de Espadanedo e provocou importantes danos materiais aos veciños. A tromba de auga arrastrou a cinsa do monte queimado o ano pasado e a lama e as pedras cobren toda a aldea do Barrio. Asolagou leiras e levou por diante os cultivos, o barro chegou ata as casas e deixou coches atrapados. Agora toca avaliar os danos.

Os veciños da aldea do Barrio, en Xunqueira de Espadanedo, din que que nunca viran arroiar dese xeito. A treboada deixou unha morea de estragos: asolagou leiras e levou por diante os cultivos das hortas. E o arrastre da cinsa do monte queimado encheouno todo de lama e pedras de gran tamaño. 

O bulleiro chegou ata as casas e os garaxes, deixou soterrados os coches e as caravanas dos feirantes, a tromba de auga chegou en plenas festas de Xunqueira e arrasou a aldea. 
Agora toca arranxar a desfeita e os veciños piden axuda para afrontar as perdas. 

Dende o Concello din que xa solicitaron medios á Deputación para poder limpar. O alcalde asegura que os técnicos da Xunta visitarán hoxe a aldea para avaliar os danos e valorar se os veciños poden recibir algun tipo de axuda. E preocupa sobre todo como se pode evitar unha nova riada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2018