A treboada deixa estragos en Verín e en Monforte
Durou pouco tempo, dez minutos escasos. Pero deulle tempo a provocar nese tempo cuantiosos estragos. As zonas máis afectadas foron Ourense, en especial a comarca de Verín, e o interior da provincia de Lugo.
A Edelmiro aínda lle custa crer o que viviu onte pola tarde. Estaba na casa cando o vento comezou a zoar moito máis forte do habitual.
Porque o vento, con refachos de case cen quilómetros por hora consegiu levantar o tellado e tirar os muros que dividían os faiados. Todo saíu polo aire. Mesmo chegando a impactar coas fachadas dos edificios cercanos.
Contan que todo aconteceu en apenas quince minutos. A chuvia e sobre todo a forza do vento deixan aínda hoxe imaxes impactantes.
Balcóns arrancados, as liñas de teléfono estragadas, galerías co aluminio doblado. En Verín aínda lles custa asimilar o que viviron a tarde de onte.
Iso en Verín, pero noutras localidades como Maceda ou Xinzo de Limia onde esta mañá se afanaban en limpar as estradas tiveron que retirar tamén ducias de árbores. Tamén aquí o vento superou os noventa quilómetros por hora.
O temporal causou tamén cuantiosos estragos na provincia de Lugo, onde levantou os tellados de diversos edificios en distintas vilas. A máis afectada foi a de Monforte, onde caeu unha parede enteira dunha nave de 4.000 metros cadrados e unha cuberta dun instituto voou polo aire ata a outra beira da rúa.









