CRTVG

Buscar

A transmisión da covid-19 en España baixou 23 puntos desde o 1 de xuño

Publicado o 18/06/2021 17:46
A transmisión da covid-19 en España baixou 23 puntos desde o 1 de xuño
EFE

O Ministerio de Sanidade notificou 4.214 novos positivos nas últimas 24 horas e unha nova baixada de 1,5 puntos na incidencia por covid, que desde o 1 de xuño descendeu en 23 puntos, pasando de 118 a 95 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días. Segundo informou este venres o Ministerio de Sanidade, hai un lixeiro descenso de catro décimas na ocupación das UCI por enfermos de covid ata o 8,4 %, mentres que a presión hospitalaria cae unha décima e sitúase en 2,3 %.

Madrid é a comunidade con maior ocupación nas UCI por enfermos de covid, aínda que conseguiu volver baixar a presión nestas unidades do 20 % (17,8 %). No outro extremo, está Estremadura con tan só o 0,5 % de ocupación. Nas últimas 24 horas as comunidades notificaron 18 mortes máis por covid, co que a cifra total se eleva a 80.652, das que 68 contabilizáronse na última semana. O número de contaxios é de 3.757.142. 

Noticias web

18/06/2021