Unha transcrición revela que Trump preguntou polos negocios do fillo de Biden ao presidente ucraíno
Publicado o 26/09/2019 12:07
Desvelado o contido da conversa de Donald Trump co seu homólogo ucraíno, constátase que o presidente dos Estados Unidos indagou con certa insistencia sobre os negocios en Kiev do fillo do seu principal rival político, Joe Biden.
A transcrición non é literal, pero constitúe xa unha das primeiras probas do xuízo político iniciado pola presidenta do Congreso.
Trump preguntouse con retranca se se pode facer un proceso de destitución por iso, mentres o presidente Zelenski negou que se deixase meter presión, dicindo que o único que consegue facer iso é o seu fillo pequeno.