A tranquilidade de Vilanova de Arousa atrae tantos turistas como antes da pandemia
En Vilanova de Arousa non hai que profundizar moito para ver que aquí, as vacacións, discorren lentamente, a marcha reducida e con tempo para gozar da paisaxe. Os atractivos da zona están á vista.
Os atractivos vacacionais non son novos pero, ante unha situación sanitaria delicada pola pandemia, os destinos pequenos e que transmiten certa seguridade son a oferta máis buscada, sobre todo, entre as familias.
Aumentan os visitantes en Vilanova. No verán, os seus dez mil habitantes duplícanse. Iso fai que aumente tamén a oferta de aloxamentos.
Vilanova, como lugar de descanso, aumenta o seu atractivo en tempos de pandemia. Oito de cada dez visitantes chegan aquí en familia. O trinta por cento, de Madrid. Segundo a Oficina de Turismo, está chegando tanta xente a Vilanova de Arousa como antes da chegada do coronavirus.