CRTVG

Buscar

A trama da novela que gañou o Planeta arranca na catedral de Santiago

Publicado o 30/06/2021 21:35

A última gañadora do premio Planeta visitou Santiago, lugar en que arranca a trama da novela galardoada. Eva García Sáenz de Urturi falounos desa historia que comeza co duque de Aquitania, que nada máis chegar como peregrino á catedral morre fronte ao altar maior.

E na catedral da novela queda o seu corpo de cor azul, cunha marca de tortura. Aí comezará a vinganza da súa filla, Eleanor, forte protagonista da obra.

Pero, máis aló da novela, sábese que foi Xelmírez quen soterrou o duque de Aquitania. E a escritora acaba de facer un descubrimento en Compostela, despois de tres anos de busca.

Noticias web

30/06/2021