CRTVG

Buscar

A tradicional danza de damas e galáns de Aldán honra a San Sebastián

Publicado o 20/01/2020 14:38

Nos momentos previos antes de chegar ao adro da igrexa de Aldán, no patio deste colexio da parroquia e diante dun cento de nenos, realizan o último ensaio desta danza ancestral.

Cinco damas e dez galáns forman parte desta danza que dirixe un guía. El é o encargado de dirixir os movementos segundo o son da gaita, do tamboril e das castañolas.

A vestimenta das damas é outro dos atractivos co seu tradicional sombreiro de flores e este ano ademais con mandís recentemente incorporados á súa vestimenta. Os bailaríns repiten ano tras ano e outros fano por vez primeira.

O momento máis importante é este. Tras a misa maior e no adro da igrexa damas e galáns dan vida a unha tradición onde ofrecen a súa danza ao santo en cumprimento dunha promesa. Unha danza que na antiguidade tamén estaba vencellada ao inicio da primavera tras a fin do inverno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020