A tradición do chocolate con churros viuse condicionada polas restricións
Publicado o 01/01/2021 14:11
Sairon da casa a buscar churros para o almorzo e isto foi o que atoparon. Nun día coma o de hoxe poden despacharse ata 20 mil churros nunha das chocolaterías máis demandadas da Coruña. Hoxe preferiron non abrir.
Houbo quen despois de percorrer boa parte da cidade foi dar cun dos poucos locais onde serviron churros e chocolate.
O día frío e húmido anima a estar na casa polo que moitos hostaleiros confían recuperar actividade cos pedidos para levar.