CRTVG

Buscar

A toxina obriga a pechar todos os polígonos de mexillón da ría de Vigo

Publicado o 14/09/2021 17:57

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño pechou estes días os viveiros situados fronte a Meira, Domaio e San Adrián, e deste xeito quedan todos clausurados na ría viguesa. Isto está a frear a importante campaña de exportación de mexillón ao mercado italiano, que comezara con forza a semana pasada. Desta vez con menos produto que en campañas anteriores porque se mantén a alta demanda para a industria conserveira que se iniciou con motivo da pandemia. O sector está xa comezando a traballar no embolsado do mexillón para poder levalo a porto, se cambia a situación, e axilizar o seu traslado.

Dende finais de agosto xa estaban pechados os polígonos de Nerga, Liméns, Aldán e Bueu, pero a situación complícase. O sector agarda que as análises do Intecmar dean datos positivos.

 

Noticias web

14/09/2021