CRTVG

Buscar

A toxina obriga a pechar a metade dos polígonos de bateas

Publicado o 17/02/2020 14:36

A marea vermella pecha a metade das bateas da ría. Un episodio tóxico que se pode complicar nas próximas semanas.

En total xa se clausuraron 23 polígonos de mexillón en Galicia. Onte, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño pechou tres en Ribeira e Muros, aos que se suman os clausurados na última semana debido á presenza da toxina lipofílica.

Na ría viguesa todos os polígonos situados en Cangas e Vigo están clausurados e só permanecen abertos os de Redondela. Mentres, na ría de Pontevedra están todos pechados excepto un. E en Arousa os peches comezaron polo Grove, con catro zonas afectadas.

Noticias web

17/02/2020