CRTVG

Buscar

A toxina lipofílica paraliza tamén a campaña de marisqueo na ría de Noia

Publicado o 28/09/2020 14:48

Esta debería ser a imaxe da ría de Noia a estas alturas do ano, pero a realidade é ben distinta.

Así se atopan a praia e o Porto de Testal, coas embarcacións de marisqueo amarradas e ningún mariscador a pé nos areais.

A aparición dunha nova toxina lipofílica volve paralizar a campaña de marisqueo que se iniciou hai só dúas semanas. 

Isto supón un novo golpe para os mariscadores da confraría de Noia que dá sustento a preto de 1.500 produtores. A campaña deste ano dista moito á de anos anteriores, tanto en cantidade como en facturación.

Á situación orixinada pola pandemia, que os tivo sen traballar durante un tempo, hai que sumar agora a aparición desta nova marea vermella e as múltiples restricións que reducen notablemente o consumo de marisco. 

Ata que haxa unha estabilidade na calidade das augas, a confraría opta por non ir ao mar, así que, polo momento, os rastros terán que permanecer en terra ata novo aviso. 

 

Noticias web

28/09/2020