CRTVG

Buscar

A Toxa, blindada polas forzas de seguridade

Publicado o 03/10/2019 15:31

Controis da Garda Civil na entrada ao Grove e máis controis na entrada á Toxa. A seguridade é máxima na illa, inaccesible desde a zona do Gran Hotel para todos aqueles que non estean acreditados para o foro.

Foro que terá como principal escenario este centro de convencións onde uns 150 asistentes poderán escoitar os 29 relatores do máis alto nivel. Tamén vía streaming poderán escoitalos desde esta carpa instalada para a ocasión e que albergará a sala de prensa para os 150 xornalistas acreditados.

O outro escenario do evento é o Gran Hotel La Toja, que esta mañá era un ir e vir continuo de persoas que traballan arreo para que todo estea impecable para a celebración do foro.

O Gran Hotel acolle este mediodía un xantar tipo buffet para gran parte dos asistentes, e neste salón tamén se celebrará esta noite unha cea de gala.

Os 199 cuartos deste hotel están completos, e a ocupación hoteleira na illa está practicamente ao 100 por cento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019