A tortilla de Betanzos, entre os pratos Michelin
Publicado o 15/12/2020 20:28
A Alberte colleuno a noticia entre os fogóns. Xa é membro da familia de establecementos O prato Michelin, distinción que outorga a guía Michelín.
Sorprendido e agradecido. Alberte leva máis de 20 anos como hostaleiro profesional, e case a metade como cociñeiro. Neste tempo non deixou de formarse. Innovando para mellorar, como el mesmo di, tanto o produto como o sistema de venda e a atención ao cliente. Na súa cociña manda a tradición gastronómica galega en versión actualizada.
Considera que este é un premio ao respecto pola tradición.
Antes do recoñecemento da guía Michelin xa tiña o dos seus clientes. Para el este é un novo estímulo, nun ano moi complicado para o sector, para seguir deleitando os padais.