A Torre Eiffel recupera a cor dourada para as olimpíadas de 2024
Publicado o 04/02/2021 16:28
A dama de ferro francesa vestirá de gala para as olimpíadas de 2024. Comezaron os traballos de repintado na torre Eiffel, pero desta vez traen cambio de imaxe.
Abandona o xa chamado 'marrón torre Eiffel' que loce dende finais dos anos 60 e recupera as cores amarelas que a cubriran ata entón. Leva 19 capas de pintura que se dan totalmente á man, e vai estar lista para recibir os xogos olímpicos co seu vestido dourado. Xa empeza a verse, e din que a rexuvenece.