CRTVG

Buscar

Tatúa a Torre de Hércules nas costas

Publicado o 13/11/2019 13:43

Preside a cidade da Coruña e preside tamén as costas de Álvaro, un coruñés de Monte Alto que non o dubidou. A súa cidade e a súa torre sangrada na pel. 

Tatuador e cliente remataron logo dun ano e medio. Álvaro vivía en Ponferrada, de aí a morriña e as ganas de tatuar algo así, e Falke, tatuador veterano e amigo, culminaba os trazos desde a cidade onde vive e onde se coñeceron: Monte Alto.

Non era a primeira vez que Falke facía a Torre de Hércules. O que sorprendeu foi o tamaño e que fose nas costas. A Álvaro aínda lle queda espazo no corpo e ideas na cabeza para a seguinte.

Algo debe ter este faro milenario que non só atrapa os coruñeses. Se non que llo pregunten ao americano Zac Monaghan, que xogou no Básquet Coruña ata a temporada pasada e que marchou coa torre tatuada no brazo.

Podes ver esta noticia do 'Telexornal serán' aquí

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Máis sobre a coruña