A Torre de Hércules, símbolo da cidade da Coruña e visita obrigada
Publicado o 13/08/2019 16:35
Localizado entre a enseada do Orzán e o golfo Ártabro, a Torre de Hércules érguese sobre un outeiro de 50 metros.
Construído na época romana para guiar as embarcacións que ían cara ás illas británicas, prendeu por primeira vez a súa luz hai dous mil anos, converténdose nun punto de referencia para navegantes. Cada noite, cun intervalo de 20 segundos, emite un grupo de catro escintileos brancos visibles a 24 millas. Un sinal que, nos días de néboa, se acompaña dun aviso sonoro.
Dende a súa base, e tras subir os 234 chanzos, chégase ao miradoiro, dende onde se contempla unha espectacular vista da Coruña. Hoxe é o símbolo da cidade e visita obrigada para calquera viaxeiro. Dende hai unha década é, ademais, Patrimonio da Humanidade.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 21:02