CRTVG

Buscar

A Torre de Hércules celebra dez anos como Patrimonio da Humanidade

Publicado o 11/06/2019 14:46

É o único faro romano en funcionamento do mundo e o 27 de xuño de hai agora dez anos foi declarado Patrimonio da Humanidade polo Comité do Patrimonio Mundial da Unesco, converténdoo nun sitio cultural de valor universal excepcional.

A Torre de Hércules non deixa indiferente a ninguén. Os turistas destacan sobre todo a súa beleza e o ben conservada que está, pero tamén a súa contorna.

Os máis atrevidos non dubidan en subir os case 200 chanzos da torre para chegar arriba e gozar das fermosas vistas.

Agora, para celebrar estes dez anos como Patrimonio da Humanidade vai haber unha morea de actividades para todos os públicos. O forte resérvase para a última fin de semana do mes. Na noite do sábado 29 haberá un espectáculo audiovisual, Luz e Son de Hércules, con proxeccións sobre os muros da propia torre, ao que sucederá un concerto de Mercedes Peón dedicado á historia e lenda do faro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019