CRTVG

Buscar

A tormenta tropical "Humberto" chega a Bahamas devastada polo paso do furacán "Dorian"

Publicado o 15/09/2019 10:12

As autoridades das Bahamas emitiron unha alerta polo paso da tormenta tropical "Humberto" que incidirá na zona noroeste das illas, incluída Nova Providencia, onde está a capital, Nassau e as illas Ábaco e Gran Bahama, asoladas polo furacán "Dorian" hai tan só uns días. Máis de 2.000 habitantes destas dúas illas durmen ainda en refuxios mentres se trata de localizar aos 1.300 desaparecidos.

O secretario xerla da ONU, Antonio Guterres, visitou o arquipiélago para expresar a súa "solidariedade co pobo" e "para discutir o xeito en que podemos continuar apoiándolo" nunha nova era "de crise climática, furacáns e tormentas turbocargados" como resultado directo do aumento da temperatura dos océanos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019